Campaña de Socios

Este 2019 vai ser o ano dos socios e socias en Abellariza. Animámoste a formar parte da nosa pequena familia. E como recompensa estamos a traballar moi duro para poder ofrecer a todos os nosos socios unhas vantaxes que che animen a dalo paso.

Na páxina de “Faite Socio’ podes cumplimentar o noso formulario e, tras facer o pago de 10€ pasarás a ser socio ou socia de Abellariza.

Iremos publicando pouco a pouco as vantaxes que ten ser socio de Abellariza, pero xa che podemos asegurar que compensa. Terás sempre un acceso preferente a todas as actividades que organicemos e enviaremos boletíns para mantervos informados con todas as novidades e eventos da agrupación.

Tamén podes buscar as tarxetas que iremos deixando en algúns establecementos de ponteceso e facerte socio por esa vía. Calquer maneira é a axeitada, se a fin é poñerse en forma e comenzar a desfrutar do deporte.

Abellarízate!

Curso de Marcha Nórdica

Marcha nórdica Abellariza

A Agrupación Deportiva Abellariza comenza o novo ano organizando o próximo domingo 27 de xaneiro, un taller de iniciación a práctica da Marcha Nórdica. Será de 10.30 hrs ata as 12:30 hrs no Pavillón Municipal de Deportes de Ponteceso.

A Marcha Nórdica consiste en camiñar cuns bastóns específicos por medio dunha técnica de dodada aprendizaxe. É apta para todas as idades e para todos os niveis de condición física, dende pricipiantes ata @s que están máis en forma. Favorece o fortalecemento e tonificación muscular das extremidades, activa os músculos do peito, costas e abdomen, mellora a saúde da columna vertebral, a coordinación e o equilibrio, etc.

Será impartido por RICARDO ANGUEIRA VÁZQUEZ, Lic. CCAFD/ESPECIALISTA UNIVERSITARIO EN MARCHA NÓRDICA.

Inscrición: 10€

Aínda estás a tempo de apuntarte contactando con nos polo Facebook da Agrupación. https://www.facebook.com/abellariza/

Ollo!! as prazas son limitadas e van por orden de inscrición.

Esperámoste.

Samaín en Ponteceso a conta da Asociación de Empresarios

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe, organiza un terrorífico Samaín en Ponteceso o 31 de Outubro. Campo da Feira, A Trabe (haberá carpa). Contaremos con inchables, pintacaras, obradoiros de globoflexia e moita diversión entre as 18:00 e as 21:00 horas. Ás 20:00 haberá Concurso de Disfraces de Samaín para nen@s con primeiro, segundo e terceiro premios ós disfraces máis orixinais. Tod@s @s participantes terán un agasallo. Anota na axenda, esperámoste en Ponteceso!

II Magosto Deportivo

Por segundo ano, a Asociación Deportiva Abellariza, en colaboración co Concello de Ponteceso, Chocolate Express e Supermercados Diana Rivera, organizamos o Magosto Deportivo. 

Nesta ocasión celebrouse no pavillón municipal de Ponteceso, onde as nenas e nenos que se acercaron e por suposto os familiares, puderon desfrutar dun lote de actividades deportivas para pasar unha tarde de sábado diferente.

Ler mais