Andaina 13/6/21

Video da Andaina do 13/06/21 – Abellariza

Recomendámosvos poñer o video a pantalla completa e con volumen para poder disfrutar da canción como se merece.

Nesta ocasión quixemos filmar parte da andaina para que os que viñéchedes con nos virades a vosa andadura dende outro punto de vista, e sobre todo, para aqueles que nesta ocasión non puidechedes vir, que vexades os paisaxes polos que intentamos levar aos nosos e nosas camiñantes.

Disfrutamos dende o primeiro minuto e houbo un ambiente único. Nótase que hai ganas de recuperar un pouquiño a normalidade e o contacto coa natureza despois de uns meses tan complicados. Agradecemos a colaboración por parte das e dos inscritos en todo momento, respectando distancias, indicacións e medidas de seguridade. Non houbo que decirlle nada a ninguén en ningún sentido, o que fixo de esta andaina unha experiencia moi satisfactoria.

Ademáis do video deixámosvos con unhas pouquiñas fotos que sacaron, a falta de ir recopilando máis fotos por parte de algún participante na andaina.

Só darvos as grazas a todas e todos por facer que fose un domingo para recordar. Non tardaremos en organizar outra e esperamos facelo mellor, se iso é posible. Contamos con todas e todos para repetir e esperamos que corrades a voz, que cantos máis mellor.

Vémonos na seguinte!