PROGRAMA:
09:00 h. – ENTREGA DE CAMISETAS NA PRAZA DO RELLENO
09:30 h. – SAÍDA DO AUTOBÚS DENDE CORME ATE PONTECESO: 09:30 h. (para deixar alí os coches para a volta)
10:00 h. – SAÍDA DA ANDAINA DENDE PONTECESO (PZ. DO RELLENO): 10:00 H
(pregamos puntualidade)
NIVEL: MEDIO
DURACIÓN: 4 HORAS
DISTANCIA: 14 KM
PREZO: 10 €
SEGURO + SERVICIO DE AUTOBÚS + CAMISETA TÉCNICA
A recadación íntegra será doada ás ONGs que traballan ca población máis necesitada de La Palma e cos concellos das localidades máis perxudicadas pola acción do Volcán “Cumbre Vieja”

Inscríbete aquí para a Andaina que terá lugar o día 18 de Xullo
Cumprimenta o seguinte formulario cos teus datos correctamente. Unha vez finalices e revises que a información é correcta, preme o botón de «Continuar» e serás redirixido á nosa plataforma de pago.
Se desexas pagar pola web, o pago realízase mediante tarxeta de crédito e é totalmente seguro. Usamos a plataforma Stripe, que fai que as operación sexan totalmente seguras.
Tras enviar o pago, nun prazo de máximo 48 horas verificaremos que todo está correcto e enviaremos un correo electrónico coa confirmación e as instruccións para a Andaina.
Tamén podes seleccionar a opción de pagar o día da andaina, e só terás que acercarte o día da andaina á mesa das inscripcións para finalizar o pago.
Se vindes máis de un, cumprimenta o formulario unha vez por cada persoa que vaia vir á andaina con todos os datos correctamente.
Grazas e que desfrutedes da andaina!