III Travesía Costa Balarés

As travesías a nado en augas abertas están pisando forte nos eventos deportivos da Costa da Morte este ano.

Rematou a nosa Travesía Costa Balarés, e vista a gran afluencia de participantes e público asistente, foi a mellor das edición disputadas ate a data.

Centos de persoas poideron desfrutar dun gran día de sol, para comprobar como Marta Eirís García e Diego Gutierrez López acadaban os primeiros postos femenino e masculino do trazado curto, cun tempo de 00:25:04 h. Marta e 00:25:09 h. Diego.

No que respecta a travesía longa, foron Manuel Regueiro e Marta Barbeito os campeóns de cada categoría, cuns tempos de 00:42:43 h e 00:55:07 h respectivamente.

Fieis á nosa tradición, ao final da xornada compartíronse tres grandes paellas de forma gratuita con participantes e organización, cociñadas de forma maxistral por Sara, Karlos e Charo, que botaron de menos nos fogóns a Josefa Amado, habitual na plantilla de Abellariza Chef que non tuvo ocasión de poñer o delantal en esta edición, así como Mari Grobas, outra das nosas cociñeiras en plantilla.

Enviar un agradecemento a todas e todos os patrocinadores, ao Concello de Ponteceso, a Policía Local, e aos incondicionais colaboradores (familiares e amigos), facendo especial mención ao “bo rollo” e colaboración entre organizacións de eventos deportivos que teñen con Quito de Brigantia Aventura (está preparando para o 18 de agosto o Trail polas Terras de Pondal) e de Susana máis Miguel (están cos preparativos do Gran Trail Costa da Morte que terá lugar do 14 ao 20 de septiembre).

A continuación queremos listar, tentando que non nos quede ningún no tinteiro, todos os colaboradores que fixeron posible a III Travesía a nado Costa Balarés.

Concello de Ponteceso
Policía Local de Ponteceso
Concello de Cabana de Bergantiños
Protección Civil de Cabana de Bergantiños
Deputación da Coruña
Abanca
Duacode
Termaria Casa del Agua
Cabreiroá
Desarrolla
CocaCola
Gadis
Eroski Ponteceso
Brigantia Fisioterapia
Vértebra Fisioterapia
Casa de Verdes Turismo Rural
Saunier Duval
Autocaravanas Costa da Morte
Forniños Panadería
Autocares J Pombo
Arautos Vehículos de Ocasión
Chiringuito de Balarés
Surca

Agradecer a todos e cada un dos colaboradores o seu apoio, así como ós máis importantes de todos, as voluntarias e voluntarios que veñen sempre que son chamados a botar unha man e axudar no que se lles pide. Sen eles, calquer evento dos que nos plantexamos sería inviable, así que só nos quedará estar enormemente agradecidos polo voso traballo e deciación.

Esperamos vervos a todos o ano que ven. Xa estamos a traballar por unha travesía 2020 polo menos, tan boa coma esta.

Curso de Marcha Nórdica

Marcha nórdica Abellariza

A Agrupación Deportiva Abellariza comenza o novo ano organizando o próximo domingo 27 de xaneiro, un taller de iniciación a práctica da Marcha Nórdica. Será de 10.30 hrs ata as 12:30 hrs no Pavillón Municipal de Deportes de Ponteceso.

A Marcha Nórdica consiste en camiñar cuns bastóns específicos por medio dunha técnica de dodada aprendizaxe. É apta para todas as idades e para todos os niveis de condición física, dende pricipiantes ata @s que están máis en forma. Favorece o fortalecemento e tonificación muscular das extremidades, activa os músculos do peito, costas e abdomen, mellora a saúde da columna vertebral, a coordinación e o equilibrio, etc.

Será impartido por RICARDO ANGUEIRA VÁZQUEZ, Lic. CCAFD/ESPECIALISTA UNIVERSITARIO EN MARCHA NÓRDICA.

Inscrición: 10€

Aínda estás a tempo de apuntarte contactando con nos polo Facebook da Agrupación. https://www.facebook.com/abellariza/

Ollo!! as prazas son limitadas e van por orden de inscrición.

Esperámoste.

II Magosto Deportivo

Por segundo ano, a Asociación Deportiva Abellariza, en colaboración co Concello de Ponteceso, Chocolate Express e Supermercados Diana Rivera, organizamos o Magosto Deportivo. 

Nesta ocasión celebrouse no pavillón municipal de Ponteceso, onde as nenas e nenos que se acercaron e por suposto os familiares, puderon desfrutar dun lote de actividades deportivas para pasar unha tarde de sábado diferente.

Ler mais