Curso de Marcha Nórdica

Marcha nórdica Abellariza

A Agrupación Deportiva Abellariza comenza o novo ano organizando o próximo domingo 27 de xaneiro, un taller de iniciación a práctica da Marcha Nórdica. Será de 10.30 hrs ata as 12:30 hrs no Pavillón Municipal de Deportes de Ponteceso.

A Marcha Nórdica consiste en camiñar cuns bastóns específicos por medio dunha técnica de dodada aprendizaxe. É apta para todas as idades e para todos os niveis de condición física, dende pricipiantes ata @s que están máis en forma. Favorece o fortalecemento e tonificación muscular das extremidades, activa os músculos do peito, costas e abdomen, mellora a saúde da columna vertebral, a coordinación e o equilibrio, etc.

Será impartido por RICARDO ANGUEIRA VÁZQUEZ, Lic. CCAFD/ESPECIALISTA UNIVERSITARIO EN MARCHA NÓRDICA.

Inscrición: 10€

Aínda estás a tempo de apuntarte contactando con nos polo Facebook da Agrupación. https://www.facebook.com/abellariza/

Ollo!! as prazas son limitadas e van por orden de inscrición.

Esperámoste.

Samaín en Ponteceso a conta da Asociación de Empresarios

A Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe, organiza un terrorífico Samaín en Ponteceso o 31 de Outubro. Campo da Feira, A Trabe (haberá carpa). Contaremos con inchables, pintacaras, obradoiros de globoflexia e moita diversión entre as 18:00 e as 21:00 horas. Ás 20:00 haberá Concurso de Disfraces de Samaín para nen@s con primeiro, segundo e terceiro premios ós disfraces máis orixinais. Tod@s @s participantes terán un agasallo. Anota na axenda, esperámoste en Ponteceso!