Faite Socio

En abellariza queremos concienciar a todo o mundo de que o deporte é saúde, e uns bos habitos deportivos faran que te sintas mellor e que aumente a calidade de vida.

Invitámoste a facerte socio de Abellariza para poder estar ao tanto de todas as actividades que facemos, así como obter descontos e promocións únicas que estamos preparando para todas as nosas socias e socios.

Esta tempada estamos a preparar ofertas únicas para todos os socios e socias de Abellariza que iremos adiantando nesta web e nas nosas redes sociais.

O proceso é moi sinxelo. Simplemente cumprimenta o seguinte formulario cos teus datos e realiza un ingreso de 10€ na conta bancaria de Abellariza.
Unha vez cuberto o formulario chegaránche por correo as instruccións para realizar a transferencia.

O número de conta é o ES43 0081 2182 1700 0108 6316 do banco Sabadell. Podes facer unha transferencia bancaria ou se o prefires darlle os cartos a alguén da directiva na man.

A partires dese momento serás un Abellarizo ou unha Abellariza máis!!!

Andainas, travesías, carreiras populares, actividades para nenos, e un gran etcétera de actividades que poñemos á túa disposición. Animámoste a realizar cantas queiras destas actividades e a comenzar a mellorar a túa vido co deporte.

Benvida/o a Abellariza!!!