
[INSCRIPCIÓNS CERRADAS]
Tras o éxito do primeiro Campus de Fútbol Abellariza, repetimos esta actividade que tanto gusta e que esperemos que, de novo, teña tan boa acollida.
Nesta ocasión, o campus celebraráse no Campo de fútbol do Cairo, en Corme, dende o 4 ata o 8 de Xullo (ambos incluídos).
O horario será de 10:00 a 14:00 e como na anterior ocasión poñeremos a disposición dos inscritos un despliegue de recursos para facer que nesta actividade se entreteñan, desfruten e aprendan.
As idades son de 6 a 14 anos (ambos incluídos)
As prazas son limitadas e teñen un coste de 60€, e coa inscripción, cada rapaz ou rapaza recibirá:
- Gym Bag
- Bidón de auga
- Equipación deportiva
- Merenda saudable
O prazo de inscripción vai dende o día 25 de Maio ata o 20 de Xuño, ambos incluídos, e como na anterior ocasión, haberá descontos a segundos irmáns e rapaces ou rapazas pertencentes ó Ponteceso S.D. ou ó Corme C.F.
Dende Abellariza, animámosvos a apuntar aos nenos e nenas que queiran participar e que queiran vir aprender da man dos nosos adestradores titulados.
Esperamos vervos a todos no Cairo.
INFORMACIÓN ADICIONAL
EQUIPAMENTO
ABELLARIZA proporciona o primeiro día do Campus a cada participante unha equipación deportiva. É recomendable que leve botas de tacos ou multitacos de goma, camiseta térmica ou chubasquero en caso de choiva e aerosol ou crema solar.
MERENDA e AUGA
A media mañá repártese unha merenda saudable.