Tras o éxito do primeiro Campus de Fútbol Abellariza, repetimos esta actividade que tanto gusta e que esperemos que, de novo, teña tan boa acollida.

Nesta ocasión, o campus celebraráse no Campo de fútbol do Cairo, en Corme, dende o 4 ata o 8 de Xullo (ambos incluídos).

O horario será de 10:00 a 14:00 e como na anterior ocasión poñeremos a disposición dos inscritos un despliegue de recursos para facer que nesta actividade se entreteñan, desfruten e aprendan.

As idades son de 6 a 14 anos (ambos incluídos)

As prazas son limitadas e teñen un coste de 60€, e coa inscripción, cada rapaz ou rapaza recibirá:

  • Gym Bag
  • Bidón de auga
  • Equipación deportiva
  • Merenda saudable

O prazo de inscripción vai dende o día 25 de Maio ata o 20 de Xuño, ambos incluídos, e como na anterior ocasión, haberá descontos a segundos irmáns e rapaces ou rapazas pertencentes ó Ponteceso S.D. ou ó Corme C.F.

Dende Abellariza, animámosvos a apuntar aos nenos e nenas que queiran participar e que queiran vir aprender da man dos nosos adestradores titulados.

Esperamos vervos a todos no Cairo.

INFORMACIÓN ADICIONAL

EQUIPAMENTO

ABELLARIZA proporciona o primeiro día do Campus a cada participante unha equipación deportiva. É recomendable que leve botas de tacos ou multitacos de goma, camiseta térmica ou chubasquero en caso de choiva e aerosol ou crema solar.

MERENDA e AUGA

A media mañá repártese unha merenda saudable.

    Datos do pai/nai/tutor

    Datos do neno/nena

    NingúnCorme C.F.Puenteceso S.D.
    NonSi
    SiNon
    Engadir un/unha 2º neno/nena

    Datos do neno/nena 2

    NingúnCorme C.F.Puenteceso S.D.
    NonSi
    SiNon
    Ocultar o/a 2º neno/nena
    Engadir un/unha 3º neno/nena

    Datos do neno/nena 3

    NingúnCorme C.F.Puenteceso S.D.
    NonSi
    SiNon
    Ocultar o/a 3º neno/nena
    Vas a pagar: 
    Cando pulses o botón enviar, serás redirixido á pasarela de pago. É unha plataforma segura para realizar o pago con tarxeta directamente. En canto realices o pago, poderás ver a confirmación do teu pago correcto. Se tes calquer problema, non dudes en contactarnos a través do noso Facebook ou pola paxina web. Atenderémoste en canto nos sexa posible.