IV Travesía Costa Balarés 2022

Pasado o día, pasada a romaría, aquí vimos cas fotos que os nosos voluntarios sacaron nesta IV edición da Travesía Costa Balarés.

Unha edición que saiu a pedir de boca. Dende primeira hora da mañan todo foi sobre o planeado e o tempo sorprendeunos con un «diazo» co que non se contaba. Sol, praia e bo tempo son a combinación perfecta, e ó sair da auga, unha paella esperando. Pouco máis podíamos pedir a un domingo de Xullo.

Agradecer dende aquí, de parte de toda a directiva de Abellariza A.D. a colaboración de todas e todos os voluntarios, que aínda que xa o repetimos mil veces, sen elas e eles esto non sería posible. Nos poñemos a iniciativa, as ganas e o noso traballo, pero sen o voluntariado sería imposible, así que GRAZAS e esperamos que a paliza vos deixase ganas de repetir.

Grazas tamén a todos os que viñéchedes no kayak, lanchas, etc. Ter tanta xente na auga acompañando aos nadadores da moita seguridade. Ademáis dos servizos oficiais de emerexencia, foron moitos os que acompañaron ó grupo de nadadores e son de vital importancia para guiar e dar seguridade durante a travesía.

Mención especial para o equipo de fotógrafos e videógrafos que cubriron toda a proba. Parte do evento tamén é poder velo e revivilo despois. Quedaron imaxes impresionantes e un video que temos no tinteiro que pronto verá a luz.

Tamén agradecer a todos os patrocinadores, colaboradores polo apoio prestado. Son parte importantísima deste evento e seguiremos contando con todos para futuras edicións.

Esperando non deixar a nadie no tinteiro, de novo, grazas a todas e todos, e esperamos que o ano que ven repitades, e sigamos facendo crecer esta travesía que tanto valor aporta, e que a praia de Balarés e o seu privilexiado entorno, nos deixan desfrutar cada ano.

Saúdos dende a Agrupación Deportiva Abellariza.

Aquí podes ver as fotos da IV Travesía Costa Balarés 2022