Pechamos inscricións para a Andaina

Estamos super contentos de anunciar que se cubriu o cupo para a Andaina do Domingo 13 de Xuño que transcorrerá por Ponteceso, Valarés, Monte da Facha, Cerezo, Brixería e Ponteceso de novo.

Unha andaina circular cunha distancia aproximada duns 15Km e unha duración dunhas 4Hrs na que disfrutaremos dunhas paisaxes únicas na nosa entorna e polo que parece, dun tempo que parece que acompañará e nos permitirá realizar a andaina sen auga de por medio.

Para os que vos animáchedes, o Domingo a andaina comenza ás 9:30Hrs da mañan, pero coma sempre, pedimos algo de anticipación para a entrega das camisetas, organización dos grupos e as indicacións para o cumprimento das normativas sanitarias en todo momento.

Sabemos as ganas que hai de disfrutar da natureza e nos temos tantas ganas ou máis, pero sempre dende a seguridade e respectando todas as medidas que están vixentes para que a andaina discorra da maneira máis segura e cómoda para todas e todos.

Esperámosvos o Domingo na praza do Recheo, e os que desta vez non vos animáchedes, ou quedáchedes sen praza, estade atentos á nosa web, Facebook, Instagram e demáis redes para enterarvos das próximas acividades.