Presentamos o Campus de Fútbol Abellariza 2021

Dende o día 10 de Xuño e ata o 10 de Xullo é posible inscribirse no Campus de Fúbol Abellariza 2021. Un campus no que se impartirán tanto formacións técnicas como no que se levarán a cabo prácticas cos nenos e nenas.

Será impartido por monitores cualificados dende a Agrupación Deportiva Abellariza así como dende o Corme C.F. e o Puenteceso S.D.

Nesta ocasión, estos dous clubes de fúbol colaboran coa nosa agrupación para organizar un campus o máis completo posible. Este campus levarase a cabo nesta primeria edición no campo do Pinguel en Ponteceso, e comenzará o día 26 de Xullo e rematará o día 30 de Xullo, ambos incluídos, con horario de 10:00h a 14:00h.

Esperamos que esta actividade nos acompañe moitos anos e a nosa idea é ir alternando a sede entre Ponteceso e Corme coa axuda dos dous nosos clubes de fútbol dos que tanto agradecemos esta colaboración.

Para inscribirte, deberás cumprimentar un formulario que tes dispoñible nesta web pinchando no seguinte botón.

O prezo para a inscripción no campus é de 50€, e neste prezo van incluídos un balón, unha camiseta, un pantalón e unhas merendas saúdables. É moi importante indicar tanto a talla do inscrito ou inscrita e se hai algunha indicación de alérxenos a ter en conta en canto ás merendas.

Temos uns descontos para as familias que inscriban a máis de un fillo (irmáns), no que o prezo sería de 40€ por inscrito, e tamén ese mismo desconto se o inscrito ou inscrita está nas categorías inferiores do Corme C.F. ou do Puenteceso S.D. Estes descontos non son acumulables.

Esperamos que a actividade teña unha gran acollida e que os rapaces e rapazas desfruten dela o mesmo que nos organizándoa e levándoa a cabo.

¡Esperámosvos a todas e todos no Pinguel!