Sobre nós

Abellariza fúndase o 9 de decembro do 2015 e nace como Agrupación Deportiva Abellariza IES Ponteceso, xa que o seu primeiro e ambicioso obxectivo de construir unha pista de atletismo ao redor do propio Instituto de Ponteceso. Esta idea parte dunha iniciativa que rescata un dos nosos fundadores, Manuel Varela, naqueles momentos Director do IES Ponteceso. Foi tal as ganas de levar a cabo tal empresa que desa ilusión nace a agrupación como tal.

Dende a nosa fundación ata o día de hoxe, fomos mudando os obxectivos pero sempre coa premisa de levar o deporte e a actividade física a todos os veciños da zona, e xerar un valor engadido aos concellos que temos por cerca, descubrindo novos paisaxes mentres realizamos actividades ao aire libre. A Agrupación Deportiva Abellariza conseguiu levar a cabo múltiples actividades de enorme repercusión como son a Travesía a nado Balarés, o Magosto Deportivo de Ponteceso, equipos propios en Correndo pola costa da Morte, Carreira Global 6k for Water… e un amplo etc. Poñemos as metas moi altas e temos moitos proxectos na cabeza que esperamos poder levar a cabo en canto sexa posible. Animámosvos a facer deporte, realizar actividade física e aprobeitar para desconectar da rutina e conectar coa natureza que nos rodea e mellorar tanto física como mentalmente. Nos propoñeremos moitas actividades que esperamos que sexan ben acollidas.

Abellariza, deporte na rúa.