Taller de Marcha Nórdica

O día 30 de Maio de 2021 levaremos a cabo un novo Taller de Marcha Nórdica, tanto para quen xa está iniciado nesta disciplina, así como para as e os que queirades probar un deporte que posiblemente vos sorprenda.

O taller divídese en unha clase teórico-práctica de 1 hora de iniciación, na que poderemos aprender o uso dos bastóns, a técnica necesaria e os trucos que un experto neste deporte nos vai indicar para desfrutar o máximo desta disciplina.

Despois faceremos unha ruta de aproximadamente 2 horas na que poñeremos en práctica todas as instruccións que fomos aprendendo na formación e na que descubriremos os beneficios da Marcha Nórdica. A ruta estará totalmente supervisada e os formadores iran realizando en todo momento indicacións para que vaiamos mellorando e para realizar correctamente a actividade.

Como non pode ser doutra forma, a actividade estará suxeita a todas as normas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades competentes e a organización velará polo cumprimento das mesmas.

O prezo de inscripción é de 10€, co seguro incluído e as prazas son limitadas, polo que se estás interesada ou interesado recomendámosche non esperar ao último momento. Dispoñemos asi mesmo de bastóns para realizar a actividade aínda que se alguén os ten, pode vir cos seus propios bastóns. Para inscribirte, envía un email a abellarizaponteceso@gmail.com ou unha mensaxe privada ao noso Facebook.

Recomendamos a todo o mundo que queira probar unha maneira diferente de desfrutar da natureza que probe a Marcha Nórdica con este taller, xa que podemos asegurar que é unha actividade que sorprende e engancha moito