Taller de Marcha Nórdica

Pouco a pouco, e segundo se vai podendo, imos recuperando as actividades, e neste caso plantexamos un taller de Marcha Nórdica que foi moi ben acollido polos veciños e veciñas, como en anteriores ocasións.

A xornada arrancou coa formación propiamente dita. Esta actividade require unha formación previa para poder levala a cabo, posto que o uso dos bastóns é moi específico e na técnica reside o éxito e desfrute da mesma. Na formación ensínannos a agarrar e usar os bastóns, a descargar o peso e cómo usalos para impulsarnos e axudar a traballar todo o tren superior, que noutras actividades consistentes en andar non se traballa.

A Marcha Nórdica permite traballar tanto a parte inferior do corpo, como toda a parte superior, xa que ó usar os bastóns e impulsarnos correctamente con eles, exercitamos os brazos, peito, espalda e máis. Por ise é tan importante a formación, porque conseguir naturalizar a técnica axudaranos a conseguir o obxectivo da actividade e a desfrutar moito máis deste deporte.

A formación durou aproximadamente unha hora, e realizouse ao aire libre no parque situado a carón do Río Anllóns en Ponteceso, cerca do recheo, e os formadores revisaron e correxiron ás alumnas e alumnos para ir depurando o uso dos bastóns e a técnica de Marcha Nórdica.

Unha vez finalizada a formación, realizouse unha ruta na que se pon en práctica todo o aprendido. A esta ruta pudéronse sumar persoas que xa habían realizado dita formación en outros talleres ou son asiduos da Marcha Nórdica. A ruta tivo unha duración aproximada de dúas horas e procurouse que non tivera unha dificultade alta, posto que a finalidade é poñer en práctica os coñecementos adquiridos e aprobeitar para disfrutar tamén das paisaxes que nos ofrece a nosa zona.

A ruta pasou por sitios moi emblemáticos do noso concello. Saiuse do parque de Ponteceso polo camiño que vai pegado ao Río Anllóns ata chegar á Canteira de Santa Cristina (Lopez Cao). Ao pasar por Bouza Judín seguiron pola pista da parcelaria de anllóns ata a Garga (Campo do Río). Ahí fíxose un paseo por toda a zona do Campo do Río e cruzando Anllóns Grande pasouse ao carón da Igrexa de San Fiz de Anllóns. Contínuouse por Anllóns de Arriba dirección Rego Furado, para volver cara Ponteceso cruzando A Trabe ata o parque de saída.

Ao rematar a ruta, realizouse unha sesión de estiramentos a cargo de Ricardo Angueira, especialista universitario en marcha nórdica, pertencente a marchanórdicagalicia.com, para evitar lesións e problemas musculares. Sempre é importante a realización de estiramentos tanto antes como despois das actividades físicas posto que é a mellor maneira de previr lesións.

Polos comentarios recibidos, e por experiencias anteriores, esta actividade foi moi ben acollida, e esperamos poder organizar pronto outras rutas e talleres para que cada vez máis xente se sume a este deporte que tantos beneficios trae e que ademáis é tan accesible para todo o mundo.

Agradecemos a todos os asistentes que ademáis de participar e de disfrutar deste taller, respectaran en todo momentos as indicacións de seguridade e se comportasen tan ben. Dende Abellariza apostamos polo deporte nestes momentos, sempre de forma segura e respectando todas as medidas necesarias.

1 thought on “Taller de Marcha Nórdica

Comments are closed.